xoves, 19 de outubro de 2023

Chegou o Samaín...!

 Un ano máis achégase o Samaín!! 

É tempo de poñer en marcha a creatividade dos nenos e nenas en colaboración coas súas familias!

Este curso, dende o CEIP de Quiroga propoñemos unha exposición de sombreiros. É dicir, o alumnado poderá traer ao longo da semana que ven, un sombreiro (de bruxa, de meiga, de trasno...)decorado da forma máis orixinal posible!!

Estarán expostos polo cole e finalmente o 31 volverán para os fogares para poder decorar estes!! 

Mans á obra...!!!