mércores, 14 de xaneiro de 2026

ACTIVIDADE SOLIDARIA "CHAPAS CON CORAZÓN"

 Dende o EDLG, levamos a cabo unha actividade solidaria, creativa e de achegamento á cultura popular. A partires do logo que deseñaron os nenos e nenas de 6º de primaria, elaboramos chapas para vender e co recadado colaborar coa Asociación DOWN Ourense. Foi unha actividade moi enriquecedora, non só pola parte solidaria, se non tamén, por facer a venda das chapas dun xeito moi tradicional e que forma parte da nosa cultura popular. Vendemos na feira da vila, pedimos os permisos oportunos e os días de feira, monta
mos o posto cunha comitiva de nenos e nenas que representaban cada unha das aulas do cole. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario