xoves, 25 de setembro de 2025

CHARLA- COLOQUIO CUN NEOFALANTE, "PEITOESCURO"

" Benvid@s ao galego" é o programa de concienciación do uso do idioma que promove a concellería de normalización lingüística do concello de Quiroga e que posibilitou que nos acompañase Rubén Gutiérrez "Peitoescuro", que como neofalante, nos explicou o proceso mediante o cal comezou a usar o galego en todos os contextos da súa vida. Peitoescuro, un pracer escoitarte cantar e falar en galego! 






luns, 26 de maio de 2025

Galemés: Obradoiro da fundación Legar

 Hoxe visitounos na biblioteca, Xabier, da Fundación Legar, para elaborar, xunto ao alumnado de quinto e sexto de primaria, diferentes instrumentos elaborados con elementos da natureza. Foi unha interesantísima e creativa actividade. Encadrámola tamén dentro do noso proxecto de centro “Un territorio Arte-san”.








venres, 23 de maio de 2025

Xeopícaros

 Empezamos a XIX Semana dos Xeoparques Europeos #EGNWeek2025 por todo o grande.

V Xeopícaros do Xeoparque Montañas do Courel.
Reunión dos escolares do Xeoparque na vila de Quiroga.
Levamos a cabo esta actividade xunto co colexio de San Clodio e tamén, o de Seoane do Courel onde, por clases levamos a cabo diferntes xogos, obradoiros... sobre o noso, o que nos rodea e do que tan orgullosos nos sentimos.










martes, 20 de maio de 2025

Galemés: Concerto de Migallas

 Para seguir coa celebración do Galemés, hoxe visitou o noso centro Migallas, onde fixo a actuación de Brincadeiras da lingua 

A continuación deixámosvos unha serie de imaxes do mesmo así como o vídeo dunha das cancións que todos e todas cantamos.









sábado, 17 de maio de 2025

Galemés: Acto das Letras Galegas

 Para celebrar o día das Letras Galegas, o 16 de maio, e sendo outro acto do Galemés, levamos a cabo unha serie de actuacións de diferentes cancións populares na honrra das homenaxeadas polas Letras, así como falando un pouco sobre elas. Cada curso elexiu unha canción popular e representouna diante de todos. Finalmente, todo o centro cantamos "O galo canta" para pechar o acto.






venres, 16 de maio de 2025

Galemés: Teatro "Catro Monos"

 Para continuar coa celebración deste, o noso mes, dende o Concello convidáronnos a desfrutar desta actuación de Tropa de Trapo onde nos contaba a historia de 4 monos para, a través destas falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible. 






xoves, 15 de maio de 2025

Galemés: Obradoiros de Outonía

 Para seguir coa celebración do Galemés, visitáronnos dende Outonía e durante os días 12, 13 e 14  de maio o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre as Letras Galegas (coñecendo máis sobre as homenaxeadas, sobre instrumentos tradicionais Galegos...)

Unha gran experiencia da que aprendemos moito!!