mércores, 23 de maio de 2018

Letras Galegas 2018


Así nos quedou o mural que creamos entre todos decorando caricaturas de María Victoria Moreno empregando diferentes técnicas plásticas.

Festexando as nosas Letras

O pasado mércores 16 de maio celebramos no noso centro un pequeno acto en conmemoración de María Victoria Moreno. 

Comezamos aprendendo a vida desta autora a ritmo de rap grazas aos nenos e nenas de sexto de primaria.



Despois recitamos entre todos os grupos "Can branco e can negro", un conto en verso de Mª Victoria Moreno que forma parte da súa publicación Eu conto ti cantas.

 

Para rematar o acto cantamos o noso himno Os Pinos. Pasámolo moi ben!



luns, 7 de maio de 2018

SÁBELO TI? MAIO


O curso está chegando ao seu final e con el o noso concurso de preguntas sobre o Camiño de Inverno. Este é o derradeiro mes que podedes participar. Anímadevos! Durante o mes de xuño faremos o reconto final... 
Boa sorte e bo camiño a todos!

xoves, 3 de maio de 2018

A GASTRONOMÍA NO CAMIÑO DE INVERNO

Durante o segundo trimestre creamos entre todo o alumnado do centro este libro de receitas típicas dalgunhas das localidades polas que pasa o Camiño de Inverno. Neste terceiro trimestre, o libro está viaxando por todas as aulas e unha vez rematemos estará dispoñible na nosa Biblioteca Escolar.