domingo, 12 de novembro de 2017

MURAL MAGOSTO

Este curso fixemos un mural entre todos sobre o magosto, o alumnado de infantil escribiu un poema sobre a castaña e o de primaria pensou palabras relacionadas co magosto e escribíronas dentro dunha castaña que pegamos na fogueira. E este foi o resultado.

O MAGOSTO NO CEIP DE QUIROGA

O pasado xoves 9 de novembro celebramos o magosto no noso colexio. Despóis do recreo realizamos xogos no patio, pasámolo moi moi ben e pola tarde tocou degustar as castañas e un pouco de música.
Nas fotos podedes ver o ben que o pasamos.






























domingo, 5 de novembro de 2017

O SAMAÍN EN EDUCACIÓN INFANTIL

Ao longo da semana de Samaín as nenas e nenos de Infantil fixeron distintas actividades relacionadas con esta festividade...morcegos e arañas para adornar as clases e os corredores, unhas ricas receitas monstruosas e tamén debuxaron nun papel aquela cousa que lles daba medo e metérono dentro do MONSTRUO COMEMEDOS para que lles axudara a perder ese medo, con todos eses debuxos despóis farase un libro dos medos. Todo esto podedes velo no seguinte vídeo:

xoves, 2 de novembro de 2017

CONCURSO "SÁBELO TI?"

Un curso máis ponse en marcha o concurso de "Sábelo ti?", este ano está relacionado co PDI proposto dende a biblioteca escolar, "Todos os camiños levan a Santiago....tamén o de Inverno".

E este é o acertixo para este mes, animádevos a participar. Tedes que meter as vosas respostas na caixiña que ten a frecha amarela do Camiño.


O SAMAÍN NO NOSO COLE

Ao longo desta semana foron chegando as cabazas decoradas ao colexio, vaia obras de arte!!!! Son preciosas e mirade que ben quedan polos corredores do colexio. Moitas grazas, un ano máis, pola vosa colaboración.