mércores, 29 de xaneiro de 2020

ESCORNABOT: CROCODILO

O alumnado de Infantil despois de traballar o conto de Crocodilo da editorial Kalandraka, elaboramos un taboleiro para xogar co escornabot.






CONTOS DE LAREIRA

Xa temos o noso libro cos contos de lareira que fomos traendo para a semana de Samaín, está na biblioteca, podedes collelo e ler as terroríficas historias da nosa zona.




mércores, 22 de xaneiro de 2020

CONTACONTOS IGUALDADE: U-LA LÚA

O luns, día 20 de xaneiro estivo no nosa biblioteca a contacontos Celtia Figueiras da compañía de títeres A Xanela de Maxín. Contou a todo o alumnado o conto “U-la Lúa” do que é autora. Foi unha actividade coa temática de Igualdade e subvencionada pola Xunta de Galicia a través de fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Foi unha actividade marabillosa, a contacontos estivo xenial e os nosos nenos e nenas encantados. Traballando a educación en valores dunha manera lúdica e divertida.
https://photos.app.goo.gl/XZFtwmHjSr8y1HUCA