venres, 27 de outubro de 2017

CANCIÓN PARA CELEBRAR O SAMAÍN

Este curso no colexio escollemos esta canción de Mamá Cabra para celebrar o Samaín. Deixámosvos o vídeo para que a vaiades aprendendo.
Pinchando na imaxe accededes ao vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=8e9HUdpOaiI

mércores, 25 de outubro de 2017

NOTA PARA A CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Esta semana enviamos esta nota para recordarvos algo da historia do Samaín  e para que vaiades preparando as cabazas para adornar os corredores do colexio. Moitas grazas pola vosa colaboración.

CURSO 2017/18

Na imaxe podedes ver as actividades que se levarán a cabo dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para este novo curso, moitas delas serán feitas con outros equipos do centro, e están relacionadas, na medida do posible, co PDI proposto dende a biblioteca: " Todos os camiños levan a Santiago....tamén o de inverno".