xoves, 21 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras Nadal.

 Aquí vos deixamos unha escolla de libros e contos para toda a familia, dende os máis pequenos ata os máis maiores! Disfrutade do Nadal! 




Despedimos o ano por todo o alto!

Para rematar este trismestre, preparamos unha boa festa de Nadal! 

Primeiro practicamos para a noite de fin de ano, a ritmo de badaladas e gusanitos! Qué divertido foi!!! 

Pero cando o alumnado pensaba que a festa rematara, chegou unha sorpresa ...Papá Noel apareceu no colexio, cargadiño de caramelos e de moitas ganas de recoller as cartas que os nenos e nenas tiñan preparadas!!

Un gran día de emocións para despedir este ano! Vémonos á volta das vacacións!! 












venres, 15 de decembro de 2023

Nadal, doce Nadal!!

Chegou o tempo de Nadal!!! 

Os corredores do colexio enchéronse de luces, cores e unha morea de adornos elaborados polo alumnado! 

Ademais, este ano, como é tradición elaboramos unhas postais, para felicitar ditas festas. 

Pero...nesta ocasión quixemos darlles un uso diferente e decidimos que estas postais ían ir destinadas a diversos organismos da zona: o concello de Quiroga, de San Clodio e o de Caurel, o centro de día da Ribeira e as residencias de Quiroga e San Clodio, o IES e a Escola Infantil de Quiroga e os colexios de San Clodio e Caurel. 

Aquí vos amosamos o bonitas que quedaron!!! 









mércores, 13 de decembro de 2023

O Muro das Verbas

 Durante este curso, desenvolveremos no centro a actividade denominada "O MURO DAS VERBAS", que consiste en indagar entre alumnado e familias sobre verbas galegas esquecidas, novidosas ou cun significado especial. Ao longo de cada mes, o alumnado traerá as súas verbas, das cales se fará unha exposición e escolla nos diferentes cursos e serán as colocadas no muro das verbas.

Aquí vos amosamos as primeiras aportacións ao "MURO DAS VERBAS" no mes de novembro. Moitas grazas aos e ás participantes.

Deixade voar a vosa imaxinación, indagade e creade as vosas verbas da maneira máis orixinal. Así, poderemos encher o noso muro e dar a coñecer a lingua galega dende a perspectiva máis persoal de cada quen.


Presentación Muro das Verbas Novembro

martes, 5 de decembro de 2023

Eleccións do imagotipo do PDI!

Pois xa temos gañador da elección do imagotipo que representará o noso proxecto: “Un territorio con moita historia”. Despois dun proceso electoral democrático no que participou todo o alumnado do colexio… o imagotipo gañador é o de… Leo de sexto.

Aquí deixamos un resumo da xornada electoral. Parabéns a Leo e aos demais deseñadores, todos fixeron un estupendo traballo!!! Parabéns tamén aos membros da mesa electoral!!