martes, 16 de maio de 2017

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O venres,12 de maio, os nenos de educación infantil tivemos a visita de Iago López, un contacontos moi divertido. Escenificou o conto do "Cociñeiro Martiño", pasamolo moi ben!

luns, 15 de maio de 2017

A GALIÑA AZUL

O alumnado de infatil elaborou este conto de "A galiña azul" de Carlos Casares.

O FINAL DA HISTORIA DA GALIÑA AZUL

Este vídeo está feito polas nenas e nenos de 1º e 2º de primaria, nel cóntannos o final da historia da galiña azul.

A FORMIGA ESQUIADORA

O alumnado de 4º e 3º de primaria fixeron este vídeo sobre o conto de "A formiga esquiadora".

A BOMBA DA FELICIDADE


O alumnado de 5º e 6º de primaria preparou este video sobre o conto de Carlos Casares, "A bomba da felicidade"

MURAIS LETRAS GALEGAS 2017

Este curso polas Letras Galegas tocounos aprender algunhas cousiñas da vida e obra de Carlos Casares, autor homenaxeado, que deixamos reflexadas neste mural.
Ademáis, tamén traballamos cun dos seus contos "A galiña azul", estes son os debuxos que fixemos deste libro.