sábado, 27 de abril de 2019

A FAUNA NA LITERATURA GALEGA

Ao longo do segundo trimestre traballamos sobre a fauna do territorio xeoparque, co cal levamos a cabo esta actividade, na que eleximos un deses animais e buscamos anacos de poemas nos que falaban deles. Este foi o resultado do traballo. Esperamos que vos guste.










A ÁRBORE DOS LIBROS

Para conmemorar o Día Internacional do Libro todo o colexio participou na elaboración dunha árbore dos libros, no que foron colgando debuxos da portada do seu libro favorito. Mirade que ben quedou.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos de como o fomos facendo.


xoves, 25 de abril de 2019

CONTACONTOS DO MES DE ABRIL

Os días 12 de abril e o 23 de abril tivemos dúas sesións de contacontos na biblioteca do colexio, levadas a cabo pola actriz e contacontos Sabela Gago e pola doctora en intelixencia emocional Elisa Maneiro.
Podedes ver o ben que o pasamos pinchando en cada foto.