mércores, 9 de marzo de 2022

8M: DÍA DA MULLER

Reinterpretando en feminino a escultura do Miradoiro de Soutochao. Poñendo en valor ás mulleres da Ribeira Sacra. #Diainternacionaldamuller

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres da semana do Entroido revelamos o misterio do Meco. Convertiunos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada! Saímos ó patio a lucir os nosos coloridos sombreiros e pasámolo xenial.

MANDADOS DO MECO

Este ano, o Meco quixo facer algo especial. Xa que estivemos a traballar os Entroidos da Ribeira Sacra, mandounos traer cada día un elemento distintivo dunha das personaxes características destes Entroidos. Cal será?...

ENTROIDOS DA RIBEIRA SACRA

Durante a semana do Entroido, estivemos a investigar sobre os diferentes Entroidos que se celebran na Ribeira Sacra. Indagamos cales son os seus costumes, días de celebración e personaxes principais. Despois, elaboramos unha máscara de forma conxunta das personaxes máis características de cada un dos lugares que vimos e o resultado foi o seguinte mural:

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía no cole. Traballamos un anaquiño do poema "O Moucho", na súa versión musicada (adaptada por Migallas). Os nosos nenos e nenas interpretaron o poema e fixeron un mural colaborativo moi chulo. Unindo todo, quedou unha composición preciosa.