martes, 21 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O día 16 de maio, conmemoramos no cole o Día das Letras Galegas. Este ano adicado ao gran galeguista Antón Fraguas. Organizado polo Equipo de Dinamizacion da Língua Galega, o acto consistiu na interpretación, a ritmo de rap, da biografía do autor homenaxeado por parte do alumnado de quinto de primaria; a continuación os diferentes cursos interpretaron poemas de Manuel María, os de Educación Infantil; de Uxío Novoneyra, os de primaria; seguidamente os alumnos e alumnas autores de poemas coa temática do Xeoparque Montañas do Courel leron as súas respectivas creacións; e, xa para rematar, todos xuntos cantamos o Himno Galego. Foi unha tarde moi emotiva de exaltación da nosa língua!!!


mércores, 15 de maio de 2019

TRÍPTICO LETRAS GALEGAS

Esta semana todo o alumnado levou para a casa un tríptico coa vida de Antón Fraguas a modo de rap, ademais de outros datos de interese da súa obra.

LETRAS GALEGAS 2019

Ao longo desta semana estamos traballando sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas. O luns tivemos unha sesión de contacontos, na que Brais Moure coa súa personaxe de O Mouro Moure levou as nenas e nenos a unha viaxe fantástica ate a Galicia Máxica de Antón Fraguas a través de bosque que viaxa dentro da súa maleta.





 Tamén elaboramos un pequeno mural sobre unha das facetas deste autor galego, a de recompilar lendas, cantigas, expresións, tradicións,..xa que o patrimonio que se transmite de xeración en xeración é fundamental para comprender e explicar a identidade de Galicia.