sábado, 30 de maio de 2026
venres, 29 de maio de 2026
luns, 25 de maio de 2026
PROGRAMA DE RADIO: PONTE NAS ONDAS COA FUNDACIÓN LEGAR
O pasado venres día 22 de maio a clase de 5º de Primaria tivo o pracer de participar con Ponte nas Ondas e a Fundación Legar na elaboración dun programa de radio. Este programa, encadrado no Radio Visual do Patrimonio, estivo integrado por diferentes partes como unha entrevista ao alcalde de Quiroga, a Xabier Blanco… Foi gravado na Seara, no corazón do Caurel, e en concreto na Fundación Legar, un espazo único cheo de valor e tradicións.
venres, 22 de maio de 2026
xoves, 21 de maio de 2026
ANIMACIÓN Á LECTURA CON ESTUDIO GNOMO
O alumnado de Educación Infantil e do primeiro ciclo de Primaria gozou dunha xornada moi especial da man de Estudio GNOMO, quen nos achegou ao marabilloso universo do seu conto “Pelo de nube”.
Ao longo do obradoiro, os nenos e nenas participaron activamente nunha experiencia chea de creatividade, emocións e aprendizaxes. A través da historia, descubriron unha mensaxe moi importante: todas as persoas somos diferentes, e precisamente esas diferenzas son as que nos fan únicos e especiais.
“Pelo de nube” axudounos a reflexionar sobre o valor da diversidade, da empatía e do respecto polos demais, fomentando actitudes positivas cara ás distintas formas de ser, sentir e vivir. Ademais, o alumnado desfrutou compartindo ideas, expresións e sentimentos nun ambiente lúdico e participativo. Sen dúbida, foi unha experiencia moi enriquecedora que deixará unha pegada especial nos nosos pequenos e pequenas
luns, 18 de maio de 2026
GALEMÉS: TEATRO "O XEOPARQUE DO REVÉS" (2º CICLO) E "O COCHE" (AV.SALCEDO)
Seguimos celebrando o noso Galemés!
Esta vez cunha actividade moi especial: o teatro
O alumnado de segundo ciclo representará a obra inédita “O Xeoparque do revés”.
Ademais contaremos cuns invitados de luxo: a AV De Salcedo Eles/as seguen a manter vivo o teatro especialmente ligado ao entroido no seu concello.
xoves, 14 de maio de 2026
CERTAME DE DEBUXO DO HOSPITAL DE MONFORTE
Queremos felicitar ás nosas alumnas Vega de 4º de Primaria e Ainoa de 6º de Primaria polos excelentes resultados acadados no concurso de debuxo organizado polo Hospital de Monforte con motivo do seu 40 aniversario.
Vega acadou o 1º premio e Ainoa o 2º premio, neste concurso no que foron convidados a participar todos os colexios da área sanitaria.
Parabéns polo voso talento, esforzo e creatividade! Seguide así!
mércores, 13 de maio de 2026
GALEMÉS: "BOTAR A LINGUA FÓRA"
Botamos a lingua fóra e bordámola de azul. Cada fío, cada puntada é a voz das nosas avoas, o son do mar, aterra que nos nomea e a identidade que levamos. Porque o galego non é so unha lingua, é a nosa raíz. Inspiradas no libro "Sacar a lingua fóra"é de mala educación"de Manuel Núñez Singala
mércores, 6 de maio de 2026
CERTAME LITERARIO ESCOLAR "XOSÉ DE ARXERIZ"
Valentina Aguado, alumna de 5º de Primaria obtivo 2ºpremio no I Certame Literario Escolar "Xosé de Arxeriz", organizado polo Ecomuseo Pazo de Arxeriz e patrocinado pola Fundación Xosé Soto de Fión.
Este primeiro certame literario escolar ten como obxectivo fomentar a creatividade literaria en lingua galega e promover os valores culturais, etnográficos, históricos e ecolóxicos de Galicia.
Ao certame, dirixido ao alumnado do último ciclo de Educación Primaria (5 e 6º curso) e calquera ciclo da ESO nos centros educativos da comunidade autónoma de Galicia, presentáronse máis de 60 traballos dende 7 centros educativos.
“Martiño e Uxía, dous heroes entre o lume”, foi a obra presentada por Valentina Aguado, á que o xurado lle ven de outorgar o segundo premio na categoría de 5º e 6º de primaria, dotado con 300 € e un diploma de finalista.
venres, 1 de maio de 2026
SEMANA DO LIBRO
Voces que abrazan, historias que quedan para sempre en nós. Grazas ás familias por encher de palabras, imaxinación e cariño a nosa Semana do Libro.
EXPOSICIÓN BEGOÑA CAAMAÑO
Nos corredores do cole colocamos os cartaces que forman parte da exposición de Begoña Caamaño, a homenaxeada estas Letras Galegas. O alumnado de todo o centro visitou esta exposición para logo traballar nas súas aulas recursos sobre a autora. Ademáis coñecemos os novos libros de Begoña que mercamos na biblio.







.jpg)
.jpg)
