xoves, 20 de xuño de 2024

Muro das verbas Abril e Maio

Chegamos ao remate deste curso e con el, terminamos tamén o muro das verbas. 

Foi un longo percorrido pola lingua galega, a través de verbas esquecidas, verbas especiais para nós e algunhas verbas descoñecidas. 

Temos que agradecer a implicación do alumnado e das familias por indagar todos os meses sobre a verba a elaborar, para logo plasmala da forma máis creativa posible. 

Aquí adxuntamos as verbas escollidas nos meses de Abril e Maio. 

Seguiremos investigando e aprendendo a través da nosa lingua o vindeiro curso!!!


Muro das verbas Abril e Maio

xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas

Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun sinxelo acto no patio cuberto. 

Para comezar o alumnado de sexto de primaria interpretou o Rap das Letras Galegas.

A continuación, o alumnado de infantil leu a biografía de Luisa Villalba, a autora homenaxeada este ano.

Seguiron os distintos cursos de educación primaria lendo fragmentos da súa obra en prosa e o alumnado de quinto recitou un poema da autora.

Para finalizar, todos e todas cantamos o himno galego.














mércores, 15 de maio de 2024

Actuación de Pakolas

O pasado 13 de maio, todo o alumnado do colexio desprazouse ao Auditorio para ver a actuación de Pakolas. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do colexio e contou coa colaboración do concello de Quiroga. Pakolas autodefínese como autor e compositor, músico guitarreiro, e tamén produtor de música pensada para os mais cativos. Os nenos e as nenas desfrutaron moito desta actuación que foi moi divertida e participativa.







xoves, 18 de abril de 2024

venres, 8 de marzo de 2024

8M-Día Internacional da Muller

💜8M- Día Internacional da Muller 💜
Homenaxe a unha parte das mulleres importantes de Quiroga! 
Por ser unhas loitadoras e un exemplo a seguir!! 

Inspirámonos novamente en Victoria Villasana para realizar este traballo. 

Feliz día e grazas a todas e cada unha das mulleres que fixeron e fan posible hoxe que todas nós poidamos ser o que QUEIRAMOS ser. 




venres, 1 de marzo de 2024

Día de Rosalía!

Dende RadioPeques aquí vos deixamos o podcaste que elaboramos para conmemorar o día da nosa querida Rosalía de Castro!!
O alumnado de 5° e 6° foi o encargado de elaborar un guión coa vida e obra da escritora. 
Logo, todo o alumnado das diferentes etapas participou colaborativamente na recitación do podcast!! 
Esperamos que vos guste! 

Muro das Verbas - Febreiro

 O noso muro das verbas vai medrando cada mes.

Aquí vos deixamos as verbas escollidas para o mes de Febreiro! 

Muro-das-verbas-febreiro

venres, 16 de febreiro de 2024

Desfile de Entroido!!

 Por fin o bo tempo nos acompañou para poder realizar o desfile de Entroido que nos quedara pendente. 

Polo que, retomamos os complementos que trouxemos a semana pasada, tal e como indicou o meco e a maiores puxemos os nosos traxes de castrexos e castrexas!! 

Recorremos a vila pola rúa principal acompañados dunha morea de familiares que nos acompañaron!!! 

Que viva o Entroido!!! Ata o ano que ven!! 










venres, 9 de febreiro de 2024

Mandados do meco!

 Comeza oficialmente a semana de Entroido!!

Aquí vos deixamos os mandados do meco para estes días!!! 

Destacar tamén, que por mor da climatoloxía adversa, o venres non puidemos celebrar o desfile pola vila, quedando este aprazado. 


















venres, 2 de febreiro de 2024

Muro das verbas xaneiro!

 Aquí vos deixamos as aportacións para o noso muro das verbas do mes de xaneiro que vai medrando pouco a pouco!! 

Moitas grazas ás familias e ao alumnaso pola vosa colaboración!!

Presentación Muro das verbas Xaneiro

martes, 30 de xaneiro de 2024

Conmemoramos o día da paz!

Coma todos os anos, cada 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz! 

Este ano con especial fincapé na guerra de Palestina, para a cal elaboramos unhas verbas! 

Ademais, cada neno e cada nena recortou unha pomba, na cal escribiu unha palabra a prol da paz. Finalmente esas pombas, foron chantadas na zona verde ao lado do colexio, onde elaboramos un pequeno acto a favor da paz e non á guerra. 

Cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan" e rematamos o día coa tradicional carreira solidaria, mediante a cal recadamos fondos para a ONG Save the Children! 








venres, 19 de xaneiro de 2024

Achégase o Entroido!

Dende fai uns días andamos preparando o Entroido deste ano! 

Coma sempre, necesitamos a colaboración das familias. Aquí vos deixamos un tríptico informativo sobre a organización do Entroido escolar deste ano. 

O último día da semana desta festividade, é dicir 9 de febreiro, se o tempo o permite desfilaremos pola rúa Real.



luns, 8 de xaneiro de 2024

Muro das verbas de Decembro

 Continuamos un mes máis completando o noso muro das verbas. 

Estas son as aportacións que foron elixidas en cada unha das aulas do mes de decembro! 

Moitas grazas pola boa acollida desta actividade.

 Muro das verbas de decembro