mércores, 18 de decembro de 2024

Visitas ao Museo Etnográfico de Quiroga

 Durante este trimestre, tamén visitamos o Museo Etnográfico de Quiroga. O 25 de outubro visitárono os alumnos e as alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria, a comezos de novembro o alumnado do primeiro ciclo, 1º e 2º e, a comezos de decembro o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria.

Nestas visitas puideron coñecer de primeira man o xeito da elaboración artesanal de produtos típicos da zona de Quiroga como son o mel, o aceite ou o viño. Tamén coñeceron o proceso de secado das castañas nos sequeiros e puideron ver diferentes ferramentas para traballar a madeira ou o ferro, por exemplo. 

A continuación deixámosvos unha pequena mostra en fotos do que foron estas saídas.














Ningún comentario:

Publicar un comentario