venres, 19 de decembro de 2025

"CANTAMOS OS REIS"

 Recuperamos a tradición de "Cantar os reis". Foi unha experiencia inesquecible e con gran significado para o noso alumnado e familias. As cantigas foron as recollidas no curso pasado coa colaboración das familias. 











xoves, 4 de decembro de 2025

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego!

O alumnado de Infantil preparou unha mostra de experimentos para os nenos e nenas de Primaria
Un momento cheo de curiosidade, aprendizaxes e moita ilusión.
Foi xenial ver como compartían coñecemento e entusiasmo pola ciencia!
Porque lembrade… non é maxia, é ciencia!




martes, 25 de novembro de 2025

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Con motivo do día Contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información á Muller do concello trasladáronse ao colexio para impartir o obradoiro “ASÍ TRATAMOS BEN, ASÍ NON TRATAMOS A NINGUÉN”. Aproveitando a data, agasallaron aos nenos e nenas cunha bufanda tubular térmica.












xoves, 20 de novembro de 2025

MISIÓN MURO DAS VERBAS


No noso "Muro das Verbas", deixamos plasmado aquel vocabulario propio da nosa contorna en relación aos incendios e a natureza en xeral. Tivemos unha gran participación e seguiremos no segundo trimestre con outra temática. Gracias a isto conseguimos unha nova insignia no noso xogo do PDI. Estade atentos!



















martes, 4 de novembro de 2025

"OBRADOIRO DE LUZ NEGRA " APÓCEMAS DE SAMAÍN"

   Unhas Apócemas do máis terrorífico, empregando a luz negra como recurso esencial para estas creacións

























BOOKTRAILER "RELATOS CURTOS DE SAMAÍN"

  Despois de facer uns relatos curtos moi terroríficos, chegou o momento de representalos. O alumnado seguindo os pasos para a elaboracón dun booktrailer, creou decorados, vestiario e un pequeno quión. puxéronse mans á obra e coa cámara na man deron sentido aos seus escritos. Ollade o proceso e parte do resultado. 








luns, 3 de novembro de 2025