martes, 28 de novembro de 2023

Non queremos máis violencia!

O pasado 25 de Novembro, celebramos o día en contra da violencia de xénero.

Nesta ocasión para conmemorar dito día realizamos diferentes actividades. 

Por unha banda, os máis maiores do cole, tiveron unha charla a cargo do CIM de Quiroga sobre a identidade de xénero, os prexuízos, os estereotipos sociais, etc. 

Os máis pequeniños do cole, tamén grazas ao CIM coñecemos un pouco mellor o noso corpo, o dereito que temos sobre el e o máis importante, aprendemos a dicir que non. 

Xa para rematar o alumnado do primeiro ciclo de primaria, elaborou un mural con palabras bonitas, a prol da igualdade e da non discriminación. 









luns, 20 de novembro de 2023

Magosto cheo de xogos!

Como é tradición de cada Outono, festexamos o magosto no CEIP de Quiroga!! 

Este ano foi un pouco diferente, xa que o día que degustamos as castañas asadas, as cales estaban boísimas, non puidemos saír ao patio para realizar os diferentes circuítos que tiñamos preparados, xa que a choiva impedíunolo. 

Non obstante, aproveitando esta semana de sol, saímos por fin a xogar!!! E como non podía ser doutra forma, as castañas foron as protagonistas dos nosos xogos!! 

O ano que ven, máis e mellor!!! 






xoves, 2 de novembro de 2023

Samaín terrorífico!


Coma anos anteriores, dende o cole festexamos o Samaín en colaboración coas familias. 

Este curso, pedimos que os nenos e nenas trouxeran da casa un sombreiro decorado con elementos de Samaín.

Bruxas, arañas, ollos, morcegos, teas de araña...non faltou detalle. 

Os resultados foron espectaculares. Temos verdadeiros artistas!!! Por suposto miles de grazas ás familias pola implicación. 

Ata o ano que ven Samaín...!!