luns, 1 de xuño de 2026
domingo, 31 de maio de 2026
DÍA DA POESÍA: CONCURSO DE POESÍA "Un Xeoparque en verde"
Para finalizar o trimestre celebramos o Día da Poesía lendo algún dos poemas sobre temática ambiental e paisaxe premiados no noso concurso escolar “Un xeoparque en verde”. Aquí quedan algunha das imaxes dese evento.
8M OLIMPIADAS DE CORRESPONSABILIDADE
Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o alumnado do centro participou nunha actividade moi especial titulada “Olimpiadas de corresponsabilidade”, organizada polo Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga.
A través de diferentes xogos e dinámicas, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de compartir e colaborar nas tarefas do fogar, promovendo valores como a igualdade, o respecto e a corresponsabilidade no día a día.
Nesta xornada tamén contamos coa visita da concelleira de Igualdade, Mayte Pérez Grao, quen quixo acompañar ao alumnado durante a actividade.
Foi unha xornada participativa e moi enriquecedora que nos axuda a seguir educando en igualdade desde idades temperás. Moitas grazas ao Centro de Información á Muller do Concello de Quiroga, a Esther e a Marisa, pola súa implicación e por achegar esta iniciativa ao noso centro.
"OBRADOIRO TECENDO MEMORIAS"
Unha das finalidades coas que se creou o obradoiro “Tecendo Memorias” foi o da recuperación da memoria comunitaria e cultural a través das persoas que residen nas parroquias do Concello de Quiroga.
A maiores pretendíase poñer en coñecemento do alumnado do centro educativo algúns dos coñecementos recollidos no obradoiro a través da radio do colexio.
Esta última parte do proxecto púxose en marcha na tarde de onte, cando tres participantes no obradoiro, acompañadas da concelleira de Igualdade, Educación e Infancia, Maite Pérez Grao, participaron nun programa de radio entrevistadas por tres alumnas do centro educativo.
Os xogos, algo tan importante na infancia, foi un dos temas principais da entrevista. As convidadas contaron como foi a súa infancia, tan distinta da que están a vivir os nenos de agora, na que a imaxinación suplía os xoguetes, e na que os xogos grupais eran a maior diversión.
ROSALÍA, TODA TI ES UN CANTAR
DÍA DE ROSALÍA
Con motivo da conmemoración do Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 5º e 6º de primaria tivo a oportunidade de asistir a unha interesante charla impartida pola escritora Celia Díaz Núñez, celebrada na Casa de Cultura e organizada polo servizo de normalización lingüística do concello.
ENTROIDO CHOQUEIRO
Así vivimos o noso "Entroido Choqueiro" no cole. Queremos agradecer de corazón a implicación das familias, que fixestes que esta celebración fose todo un éxito. Seguimos creando recordos xuntos!
GALERREPORTEIROS " O ENTROIDO"
mércores, 4 de febreiro de 2026
DESCUBRINDO O ENTROIDO CON RAMÓN VILA
Neste proceso de achegamento as raices do noso Entroido, contamos con Ramón Vila, que acudiu ao centro para contarnos moitas cousas dos Entroidos da nosa contorna. estamos moi emocionados, esperamos rendir unha boa homenaxe ao Touro e Toureiro de Bendilló.
CHEGA O ENTROIDO!
Un entroido de raiz,voltamos a tradición achegándonos a propia da contorna. Aquí un pouquiño dos preparativos e da fase de información.
luns, 12 de xaneiro de 2026
MURAL DE INVERNO
En cada estación do ano, a nosa cortiza de EDLG caracterízase con motivos relacionados. Os nenos e nenas teceron para darlle forma a este precioso mural.





.jpg)
