mércores, 30 de outubro de 2019

CHEGOU O SAMAÍN!!!

Ao longo desta semana decoramos o colexio para oSamaín, facendo manualidades, talleres monstruosos, a exposición das cabazas,..Tamén aprendemos e cantamos a canción de "Corre, corre, cabaciña" e o alumnado de 6º de Primaria preparou 2 obras de teatro, o Grúfalo para Infantil e "A bruxa regañadentes" para primaria.
Pasámolo moi moi ben,
Se pinchades na imaxe accedese ao album das fotos da actividade.

CHARLA INTRODUCIÓN AO PDI: AS ALDEAS PALEOZOICAS NO XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL

O venres, día 25, e o martes, día 29, estivo no colexio Ramon Vila, xeógrafo, director dos museos de Quiroga e gran coñecedor e impulsor do Xeoparque Montañas do Courel. Nesta ocasión falounos das aldeas paleozoicas do territorio do Xeoparque , das distintas eras xeolóxicas da historia da Terra e dos distintos tipo de pedras que se formaron en cada era e coas que están construidas as aldeas do noso territorio. Como sempre, foi unha exposicion súper interesante e didáctica!! Gracias, Moncho, unha vez mais!!!

Premendo na imaxe accédese ao album de fotos da actividade


xoves, 24 de outubro de 2019

CONTACONTOS SABELA GAGO

Onte pola maña puidemos ir ao Auditorio a ver de novo a Sabela Gago, como sempre un espectáculo que nos cautivou a todas e todos. Moitas grazas.







xoves, 3 de outubro de 2019

SEMANA POLO CLIMA

Comezamos este curso manifestándonos polo clima en galego. Na semana do 23 ao 27 de serembro fixemos diferentes actividades sobre este tema , como este vídeo feito polo alumnado de 4° sobre o Cambio Climático, adaptando o discurso de Greta Thunberg.  
Se pinchades no seguinte enlace podedes velo.

https://www.facebook.com/582604978545299/posts/1452739528198502?sfns=mo

E como colofón rematamos cunha manifestación no patio do colecio  con cartaces elaborados pola alumnado.