luns, 19 de decembro de 2022

CALENDARIO ESTIÑO

Un ano máis, o colexio participou na elaboración do calendario solidario Estiño, xunto con moitos outros coles. Este ano, o eixo principal foi "O mar". O noso alumnado fixo debuxos representando os/as perceiros/as. O calendario ten unha finalidade benéfica, pois o recadado é para a ONG AXUNICA (Axuda a Nicaragua).



domingo, 18 de decembro de 2022

POSTAIS DE NADAL

O alumnado elaborou unhas marabillosas postais navideñas para felicitar esta época do ano. Foron expostas nos corredores do centro antes de levalas á casa para escribir os meus mellores desexos aos seus achegados.

sábado, 17 de decembro de 2022

NADAL

Neste Nadal decoramos o centro con elaboracións nas que colaboraron tódolos grupos educativos e que quedaron así de ben!

venres, 2 de decembro de 2022

RELATOS DE SAMAÍN

 Traballamos a creatividade e a expresión escrita do noso alumnado por medio dos contos "Queda sitio na vasoira?" e "Quero ser unha bruxa".

Proxectamos so as imaxes do conto e a partir delas, as nenas e os nenos crearon os seus propios contos. Esperamos que vós gusten, a nós encantáronos.


.

martes, 29 de novembro de 2022

25N. Día da eliminación da violencia contra a muller.

Este 25 de novembro conmemoramos o Día da eliminación da violencia contra a muller creando unha porta conxunta entre todo o colexio co lema "Á violencia non a deixes pasar".

martes, 15 de novembro de 2022

MAGOSTO

Neste mes de Novembro celebramos o Magosto no colexio. Fixemos un mural relacionado coas comemoracións maís relevantes deste mes. No magosto, xogamos a diferentes xogos populares e degustamos as ríquisimas castañas asadas. Pasámolo xenial!

venres, 28 de outubro de 2022

SAMAÍN: DECORAMOS O COLE CON VASOIRAS TERRORÍFICAS


Así de terrorífico está o colexio coas vasoiras que trouxeron as nenas e os nenos, monstruosamente decoradas. Que medo!!!

luns, 24 de outubro de 2022

É TEMPO DE...SAMAÍN!

Un ano máis arrancamos coa celebración do Samaín. Neste curso 2022-2023, queremos dar visibilidade a unha personaxe característica do Samaín galego: as meigas ou bruxas. É por iso que pretendemos encher o colexio de vasoiras terroríficas adornadas para a ocasión. Creatividade ao poder!

 

 

luns, 20 de xuño de 2022

CONCURSO "LILI QUERE SABER"

Xa temos ós gañadores e gañadoras do concurso "Lili quere saber"  deste ano. Foron os e as que máis respostas acertadas acadaron durante estes meses en cada curso. Grazas pola participación de todo alumnado e noraboa ós/ás gañadores/as!






luns, 6 de xuño de 2022

DE QUIROGA A SANTIAGO CAS NOSAS LETRAS

Para comemorar a semana das nosas letras, fixemos un percorrido polos corredores do centro, partindo dende Quiroga ata chegar á catedral de Santiago. As frechiñas que nos indican o camiño a seguir levan escrita a palabra favorita en galego de cada quen.

venres, 20 de maio de 2022

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Neste curso, para comemorar o día das letras galegas, traballamos a vida e obra do autor homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán.
Ademais, realizamos en conxunto un retrato a modo de mosaico do mesmo.

mércores, 9 de marzo de 2022

8M: DÍA DA MULLER

Reinterpretando en feminino a escultura do Miradoiro de Soutochao. Poñendo en valor ás mulleres da Ribeira Sacra. #Diainternacionaldamuller

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres da semana do Entroido revelamos o misterio do Meco. Convertiunos en Volantes do Entroido Ribeirao de Chantada! Saímos ó patio a lucir os nosos coloridos sombreiros e pasámolo xenial.

MANDADOS DO MECO

Este ano, o Meco quixo facer algo especial. Xa que estivemos a traballar os Entroidos da Ribeira Sacra, mandounos traer cada día un elemento distintivo dunha das personaxes características destes Entroidos. Cal será?...

ENTROIDOS DA RIBEIRA SACRA

Durante a semana do Entroido, estivemos a investigar sobre os diferentes Entroidos que se celebran na Ribeira Sacra. Indagamos cales son os seus costumes, días de celebración e personaxes principais. Despois, elaboramos unha máscara de forma conxunta das personaxes máis características de cada un dos lugares que vimos e o resultado foi o seguinte mural:

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía no cole. Traballamos un anaquiño do poema "O Moucho", na súa versión musicada (adaptada por Migallas). Os nosos nenos e nenas interpretaron o poema e fixeron un mural colaborativo moi chulo. Unindo todo, quedou unha composición preciosa.

mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ

Neste curso, comemoramos o día escolar da paz e non violencia elaborando unha "árbore da paz" na que penduran pombas brancas. Ademais, tamén fixemos un mural no que queremos representar a nosa forza para cambiar e mellorar o mundo dende cativos.

mércores, 26 de xaneiro de 2022

CONCURSO "LILI QUERE SABER..."

No pasado mes de decembro demos comezo ao concurso mensual "Lili quere saber...", no que a nosa intrépida mascota da biblioteca escolar, Lili, busca respostas a preguntas relacionadas co PDI do centro "Quiroga na Ribeira Sacra", co fin de coñecer un pouco máis a nosa contorna.

CALENDARIO ESTIÑO

Outro ano máis participamos no calendario solidario Estiño. A temática deste ano trata sobre o tempo atmosférico. Ao noso colexio tocoulle cubrir a casilla do calor, que xuntándoa coas elaboradas por outros centros educativos da provincia acadaron un resultado así de bonito.