sábado, 20 de xuño de 2026

VIDEOCLIP "A SEMENTE SOMOS NÓS"

Hoxe poñemos fin ao curso 2025/2026. Despois da presentación do disco “Voces de Quiroga” rematamos co videoclip da canción “A semente somos nós”, adicada aos voluntarios e traballadores contra os incendios. Coa axuda de Mario Colomán & The Clocks Band o alumnado do CEIP de Quiroga cantou á resiliencia da nosa comarca fronte o lume. Supón este video o produto final do PDI Montañas do Courel: Un Xeoparque en verde, onde a comunidade educativa a través das súas contribucións ás actividades conseguían nun xogo ir unha por unha apagando as 100 lapas das zonas queimadas. Hoxe apagamos a última lapa coa axuda das familias, alumnado e profesorado, para así recordar que baixo todo o negro “A semente somos nós”. Grazas tamén a Mario Colomán e á súa banda por sumarse e involucrarse neste proxecto, ás xentes voluntarias no incendio de Bendollo, que aportaron as imaxes e a profesorado e alumnado: “A semente somos nós”.



luns, 15 de xuño de 2026

XORNAIS

 O alumnado do segundo ciclo, levou a cabo ao longo do curso un xornal da fin de semana. Cada luns os nenos e nenas contaban as súas novas. as veces eran imaxinarias e outras reais. 





luns, 8 de xuño de 2026

FALADOIROS

 Un curso máis, levamos a cabo os "Faladoiros". Consisten en presentacións sobre temas de interese do alumnado ante os seus compañeiros e compañeiras de ciclo. Planifícanse ao inicio de curso, cunha data e tema en concreto e dótase ao alumnado de posibles ferramentas para facer o seu Faladoiro. Esta iniciativa axúdalles a gañar confianza, mellorar a súa competencia comunicativa e incorporar o galego de maneira natural ao seu día a día. O entusiasmo e a implicación do alumnado están a converter o Faladoiro nunha experiencia moi enriquecedora para toda a comunidade educativa.


HISTORIA INTERMINABLE: ESCRITURA CREATIVA A TRAVÉS DE LIBRO ILUSTRADO