martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano, comemoramos o día de Rosalia de Castro facendo un mural colaborativo entre todo o alumnado do centro. Para iso, empregamos varias técnicas:

* Collage

*Lettering

* Témpera

Nel representamos, ademais do retrato de Rosalía, unha paisaxe cun río e o poema "Adiós ríos, adiós fontes", en consonancia co PDI que estamos a traballar no centro este curso "Quiroga, terra de ríos".









venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

 

Este ano, o alumnado do centro elaborou para o entroido unha xacia, personaxe mitolóxica dos nosos ríos, que foi a encargada de darnos as consignas diarias para esta semana de Entroido. 

                                                     

                                          

                                                     


                                                   

                                                    


mércores, 1 de febreiro de 2023

Comemoración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

O día 30 de xaneiro, tamén se levou a cabo a carreira solidaria para colaborar coa ONG "Save the Children". Os nenos e nenas participaron na mesma por grupos internivel, de modo que en todos eles houbo alumnado dos diferentes cursos e etapas. Desta forma, preténdese eliminar o carácter competitivo e fomentar a solidariedade, o traballo en equipo, a responsabilidade, a axuda, a amizade, a inclusión, a igualdade, etc. Precisamente, cada grupo representaba un destes valores.

Ademais, realizouse un acto no que o alumnado do cuarto curso de Primaria pediu a Paz para Ucraína mediante a elaboración dunha pancarta e a expresión dunhas verbas en idioma galego e ucraíno.

Por último, todo o colexio representou mediante cante e baile unha canción para a Paz.





30 de xaneiro. DÍA DA PAZ

O pasado luns día 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz . En colaboración co equipo de biblioteca, elaborouse un taller de "Lettering" (escrita creativa) na biblioteca escolar, a través do cal o alumnado creou unha palabra positiva que para cada quen represente o significado da paz. Ditas palabras foron escritas en follas de oliveira e completaron un mural titulado "Ríos de Paz", conectado co PDI do centro "Quiroga, terra de ríos".

O obradoiro foi dirixido polo alumnado voluntario da biblioteca escolar, pertencente ao último ciclo de Educación Primaria.