mércores, 1 de febreiro de 2023

Comemoración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

O día 30 de xaneiro, tamén se levou a cabo a carreira solidaria para colaborar coa ONG "Save the Children". Os nenos e nenas participaron na mesma por grupos internivel, de modo que en todos eles houbo alumnado dos diferentes cursos e etapas. Desta forma, preténdese eliminar o carácter competitivo e fomentar a solidariedade, o traballo en equipo, a responsabilidade, a axuda, a amizade, a inclusión, a igualdade, etc. Precisamente, cada grupo representaba un destes valores.

Ademais, realizouse un acto no que o alumnado do cuarto curso de Primaria pediu a Paz para Ucraína mediante a elaboración dunha pancarta e a expresión dunhas verbas en idioma galego e ucraíno.

Por último, todo o colexio representou mediante cante e baile unha canción para a Paz.





Ningún comentario:

Publicar un comentario