xoves, 28 de novembro de 2019

VELAÍSCA: IGUALDADE E PREVENCIÓN DE VIOLENCIA DE XÉNERO

Durante o mes de novembro a empresa de animación Velaísca de Chantada realizou varias dinámicas sobre igualdade e prevención da violencia de xénero co alumnado de infantil e primaria do colexio. Estas actividades estiveron organizadas pola ANPA do CEIP.

Pinchando na imaxe podedes ver máis fotos da actividade.

luns, 25 de novembro de 2019

"NIN UN BIQUIÑO Á FORZA"

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, as nenas e os nenos de primeiro de primaria, dirixidos pola súa mestra Lorena, gravaron un vídeo sobre esta temática.

CONTAMOS CONTIÑOS: "VIVAN AS UÑAS DE CORES!!!

Con motivo da conmemoración do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, a profe Sara preparou para o alumnado de Infantil o conto "Vivan as uñas de cores!!!", adaptado ó galego.

 Despois de escoitar o conto, nas aulas cada nena e neno pintou as uñas da súa cor ou cores favoritas.  E incluso fixeron uñas de plastilina. Que divertido!!!!

luns, 18 de novembro de 2019

TROULEANDO TODO O ANO

Ao longo deste primeiro trimeste cada aula elaborou un mural sobre un mes do ano no que quedaron plasmadas aquelas festas e celebracións máis representativas da nosa zona.

E con todos os traballos fixemos un almanaque do ano 2020 para cada clase.


luns, 4 de novembro de 2019

LILI QUERE SABER....

Comeza o concurso “ Lili quere saber...”, anímate e participa, demostra o que sabes donoso territorio.