xoves, 14 de maio de 2020

SÍNTOME FELIZ E LIBRE CANDO ESTOU...

Como outras conmemoracións, as Letras Galegas tocounos celebrala dende a casa, para iso, propuxemos unha actividade sobre Ricardo  Carvalho Calero. 
Aquí vos deixamos un libriño cos traballos que nos fostes envíando.

Premendo na imaxe podedes ver o libro.


Moitas grazas por participar na actividade.

martes, 12 de maio de 2020

FOLLETO LETRAS GALEGAS

A poucos días de celebrar as Letras Galegas deixámosvos un FOLLETO INFORMATIVO 
(premendo podedes ver o PDF) sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Nel podedes ler a súa biografía en forma de rap e imaxes dalgunhas das súas obras.


sábado, 9 de maio de 2020

SOLUCIÓNS A ACTIVIDADE SOBRE ANIMAIS DO XEOPARQUE EN LINGUA DE SIGNOS

O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes. Hoxe achegamos a solución premendo na foto.


luns, 4 de maio de 2020

ADIVIÑA QUEN SON...

Este curso estamos introducindo a lingua de signos a través de varias actividades: formación, contacontos, obradoiros de sensibilización, cancións...
Hoxe as mestras e mestres queremos ofrecervos unha actividade diferente: un mural cos animais do territorio Xeoparque en lingua de signos!

Sodes capaces de adiviñalos todos?
Nuns días publicaremos as solucións.