luns, 10 de decembro de 2018

SÁBELO TI? DECEMBRO


CONTACONTOS NO COLE

As nenas e nenos de 5º e 6º de primaria de cando en vez aproveitan para preparar un conto e contárllelo aos máis pequenos do cole.
Aquí deixo algunhas fotos de Nadia, Natalia, Ana e Naia, que o fixeron xenial e as nenas e nenos de infantil encantoulles.






venres, 9 de novembro de 2018

CHEGOU O MAGOSTO

O pasado xoves día 8 celebramos o magosto, aínda que debido ao mal tempo tivo que ser dentro, pero disfrutamos moito igual. Así de ben o pasamos!!!














xoves, 8 de novembro de 2018

domingo, 4 de novembro de 2018

CONTOS DE MEDO

O mércores 31 chegaron ás aulas de infantil as nenas e nenos de 4º de primaria dispostos a contarnos un montón de contos de medo. Gustáronnos moito. Que medo pasamos!!!!!







PINTURAS TERRORÍFICAS

Con motivo do Samaín  nas clases de infantil decidiron reciclar pinturas vellas e convertilas en pinturas moi moi terroríficas. Este foi o resultado.