martes, 28 de abril de 2020

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020

Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.

Pinchando na imaxe podedes descargar o documento para PRIMARIA:


Pinchando na imaxe podedes descargar o documento para INFANTIL:



domingo, 26 de abril de 2020

WEBS DE INTERESE: LETRAS GALEGAS 2020

Xa falta moi pouquiño para o 17 de maio, o noso gran día, e aínda que non sabemos moi ben como quedará a cousa, debido á situación que estamos a pasar, dende o noso colexio queremos deixarvos varios enlaces de páxinas web nas que podedes atopar información e actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. 
Esperamos que vos sexan de utilidade. Pinchando nas imaxes accededes a web.

SEMINARIO GALÁN: nesta web atoparedes datos sobre a súa biografía e pdf con actividades para cada nivel educativo que podedes imprimir, así como actividades en liña e fotografías do autor.


PRIMAVERA DAS LETRAS: ao igual que na web anterior, aquí dispoñedes de unidades didácticas para imprimir, para facer en liña e tamén interactivas. Así como información sobre a súa vida e obra.

A FIESTRA DA MESTRA: neste blog atoparedes  un XOGO DE PISTAS sobre Carvalho Calero, é para o alumnado a partir de 6º de primaria. Animádesvos!!!!



xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Este curso toca conmemorar o Día do Libro dende os nosos fogares. Son días difíciles pero grazas á literatura podemos viaxar, soñar e imaxinar. Porque os libros son, en definitiva, unha ventá ó mundo.
Neste vídeo recompilamos as fotografías do alumnado e o profesorado co noso libro favorito. O que máis nos axudou a evadirnos, co que máis desfrutamos, co que máis aprendimos ou... O que nos gustaría compartir!
Son tempos de compartir virtualmente e á espera de volvernos xuntar para ler e contar aquí vos deixamos as nosas recomendacións literarias. Moito ánimo a todos e non deixedes de ler!

luns, 6 de abril de 2020

#EUQUEDONACASA: PÁXINAS DE INTERESE

Hoxe deixámosvos 2 enlaces a 2 páxinas con propostas en galego. Esperamos que as disfrutedes e que vos axuden a pasar mellor estos días de confinamento.

10 PROPOSTAS EN GALEGO PARA LER DE BALDE (de Baía Edicións): podedes atopar unha selección de contos clasificados por idades  ( de 4 ata máis 12 anos), dende "Nube branca quere ser astronauta" ata "Liliput", en pdf para descargar. Pinchando na imaxe accededes á páxina.


AULAS GALEGAS: neste enlace podedes atopar moitísimos recursos e propostas de actividades. Esperamos que vos sexa de utilidade.