mércores, 17 de maio de 2023

ENTREGA DE PREMIOS. Concurso "DÍGOCHO EU"

O día 16 de maio, os nosos nenos e nenas coas súas profes desprezáronse ata Santiago de Compostela, á Cidade da Cultura, onde se celebraba a entrega de premios do concurso "Dígocho eu", no que o noso centro quedou finalista, dentro da categoría de "Premios especiais do xurado". Alí nos enteramos de que o noso cole foi o gañador desta categoría. Noraboa a todos e todas!


DÍA DAS LETRAS GALEGAS. CONCURSO "DÍGOCHO EU"

Para conmemorar as Letras Galegas, o centro participou nun concurso proposto polo programa da TVG "Dígocho eu", dixirido a centros de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia.

As bases de dito concurso recollían que se debía elaborar un vídeo de menos dun minuto no que se relate, da forma máis orixinal posible, a forma correcta de dicir en galego palabras de uso común.

O noso cole decidiu confeccionar o vídeo a través de palabras que xurdiron durante o desenvolvemento do PDI que se está a traballar durante este curso ("Quiroga, terra de ríos"),  relacionadas coa flora e fauna dos ríos. O título deste foi: "Aprendemos a falar dos ríos con xeito", e o resultado foi o seguinte:

luns, 24 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

Para o 23 de abril, Día do Libro, o alumnado do centro elaborou bandas nas que cada grupo dos diferentes cursos pensou e redactou dúas frases de motivación cara a lectura. Posteriormente, colocamos as bandas nos escalóns que van dende a entrada do centro ao primeiro andar. E tí, anímaste a soñar a través da lectura?




sábado, 25 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

Este curso escolar, conmemoramos o Día da Poesía traballando a expresión escrita a través da creación de poemas. Ditos poemas están en consonancia co PDI que estamos a traballar: "Quiroga, terra de ríos". O alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de primaria, fixeron versos a través de acrósticos cos nomes dos ríos da Comarca de Quiroga, mentres que os máis maiores fixeron creacións libres tamén relacionadas cos ríos.






mércores, 8 de marzo de 2023

8M. MULLERES NO MUNDO DIXITAL.

Para conmemorar o Día Internacional da Muller o tema da ONU para este ano 2023 foi: “Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero” Con este motivo os nosos nenos e nenas investigaron sobre mulleres que aportaron moito ao mundo das novas tecnoloxías, pero igual que noutros ámbitos foron ignoradas pola historia. Resaltamos a figura de Ángela Ruíz Robles, a mestra galega “Dona Angelita” inventora do primeiro libro dixital, antecedente do ebook, no año 1949.

martes, 28 de febreiro de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Este ano, comemoramos o día de Rosalia de Castro facendo un mural colaborativo entre todo o alumnado do centro. Para iso, empregamos varias técnicas:

* Collage

*Lettering

* Témpera

Nel representamos, ademais do retrato de Rosalía, unha paisaxe cun río e o poema "Adiós ríos, adiós fontes", en consonancia co PDI que estamos a traballar no centro este curso "Quiroga, terra de ríos".









venres, 17 de febreiro de 2023

ENTROIDO 2023

 

Este ano, o alumnado do centro elaborou para o entroido unha xacia, personaxe mitolóxica dos nosos ríos, que foi a encargada de darnos as consignas diarias para esta semana de Entroido. 

                                                     

                                          

                                                     


                                                   

                                                    


mércores, 1 de febreiro de 2023

Comemoración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ.

O día 30 de xaneiro, tamén se levou a cabo a carreira solidaria para colaborar coa ONG "Save the Children". Os nenos e nenas participaron na mesma por grupos internivel, de modo que en todos eles houbo alumnado dos diferentes cursos e etapas. Desta forma, preténdese eliminar o carácter competitivo e fomentar a solidariedade, o traballo en equipo, a responsabilidade, a axuda, a amizade, a inclusión, a igualdade, etc. Precisamente, cada grupo representaba un destes valores.

Ademais, realizouse un acto no que o alumnado do cuarto curso de Primaria pediu a Paz para Ucraína mediante a elaboración dunha pancarta e a expresión dunhas verbas en idioma galego e ucraíno.

Por último, todo o colexio representou mediante cante e baile unha canción para a Paz.





30 de xaneiro. DÍA DA PAZ

O pasado luns día 30 de xaneiro conmemoramos no colexio o Día Escolar da Non Violencia e a Paz . En colaboración co equipo de biblioteca, elaborouse un taller de "Lettering" (escrita creativa) na biblioteca escolar, a través do cal o alumnado creou unha palabra positiva que para cada quen represente o significado da paz. Ditas palabras foron escritas en follas de oliveira e completaron un mural titulado "Ríos de Paz", conectado co PDI do centro "Quiroga, terra de ríos".

O obradoiro foi dirixido polo alumnado voluntario da biblioteca escolar, pertencente ao último ciclo de Educación Primaria.