sábado, 20 de xuño de 2026
VIDEOCLIP "A SEMENTE SOMOS NÓS"
Hoxe poñemos fin ao curso 2025/2026.
Despois da presentación do disco “Voces de Quiroga” rematamos co videoclip da canción “A semente somos nós”, adicada aos voluntarios e traballadores contra os incendios.
Coa axuda de Mario Colomán & The Clocks Band o alumnado do CEIP de Quiroga cantou á resiliencia da nosa comarca fronte o lume.
Supón este video o produto final do PDI Montañas do Courel: Un Xeoparque en verde, onde a comunidade educativa a través das súas contribucións ás actividades conseguían nun xogo ir unha por unha apagando as 100 lapas das zonas queimadas.
Hoxe apagamos a última lapa coa axuda das familias, alumnado e profesorado, para así recordar que baixo todo o negro “A semente somos nós”.
Grazas tamén a Mario Colomán e á súa banda por sumarse e involucrarse neste proxecto, ás xentes voluntarias no incendio de Bendollo, que aportaron as imaxes e a profesorado e alumnado:
“A semente somos nós”.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario