martes, 17 de decembro de 2024

Día Internacional contra a Violencia Machista

 Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia Machista, as traballadoras do Centro de Información a Muller do concello de Quiroga estiveron no colexio o xoves e o venres da semana pasada para realizar actividades de concienciación. As nenas e nenos de infantil e primaria, axudados por Esther, Marisa e as súas mestras, elaboraron pancartas con distintos debuxos e lemas conmemorativos. Con esas pancartas, posteriormente o día 25 de novembro saímos desfilar todos e todas pola Rúa Real ata a casa consistorial, onde tivo lugar unha concentración de repulsa. A continuación a concelleira de igualdade deu lectura a un manifesto, despois representantes de todas as clases de primaria leron os textos reivindicativos de cada clase.











Ningún comentario:

Publicar un comentario