Ao longo desta semana estamos traballando sobre o autor homenaxeado este ano, Antón Fraguas. O luns tivemos unha sesión de contacontos, na que Brais Moure coa súa personaxe de O Mouro Moure levou as nenas e nenos a unha viaxe
fantástica ate a Galicia Máxica de Antón Fraguas a través de bosque que
viaxa dentro da súa maleta.
Tamén elaboramos un pequeno mural sobre unha das facetas deste autor galego, a de recompilar lendas, cantigas, expresións, tradicións,..xa que o patrimonio que se transmite de xeración en xeración é fundamental para comprender e explicar a identidade de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario