martes, 30 de setembro de 2025

PDI: MONTAÑAS DE COUREL, UN XEOPARQUE EN VERDE

MONTAÑAS DO COUREL: UN XEOPARQUE EN VERDE

Chega outubro e con el chega a presentación do noso PDI (Proxecto Documental Integrado)
A situación de emerxencia vivida no final do verán por mor dos incendios en Galicia, e en especial no noso concello, fixo que considerásemos necesario este curso un estudo centrado na unión da educación ambiental, a valoración do patrimonio e a educación física arredor da contorna.
Disto naceu “Montañas do Courel: Un xeoparque en verde”, un PDI onde o alumnado a través de diferentes actividades conseguirá obxectos neste xogo para eliminar as lapas que asolan Quiroga ata deixalo totalmente verde.
Agardamos que vos guste e que entre todos voltemos ao verde!




luns, 29 de setembro de 2025

OBRADOIRO DE REGUEIFAS

 O venres, día 26, o alumnado de 5º e 6º de primaria participou, xunto co alumnado do CEIP de San Clodio, nun obradoiro de regueifas organizado polo departamento de normalización lingüística do concello de Quiroga. O obradoiro foi impartido polos regueifeiros: Luís "O Caruncho" e Pinto d`Herbón.

Foi unha actividade, ademáis de didáctica, moi divertida!







xoves, 25 de setembro de 2025

CHARLA- COLOQUIO CUN NEOFALANTE, "PEITOESCURO"

" Benvid@s ao galego" é o programa de concienciación do uso do idioma que promove a concellería de normalización lingüística do concello de Quiroga e que posibilitou que nos acompañase Rubén Gutiérrez "Peitoescuro", que como neofalante, nos explicou o proceso mediante o cal comezou a usar o galego en todos os contextos da súa vida. Peitoescuro, un pracer escoitarte cantar e falar en galego!