Polo Samaín redactamos microrrelatos de medo en equipas e representámolos. Foi unha experiencia única, na que o alunado ademáis de escribir de xeito creativo puido representar e fotografar as súas obras.
xoves, 30 de outubro de 2025
luns, 27 de outubro de 2025
ACTIVIDADE SOLIDARIA "CHAPAS CON CORAZÓN"
Dende o EDLG e a Biblio do centro, levamos a cabo unha actividade solidaria, creativa e de achegamento á cultura popular. A partires do logo que deseñaron os nenos e nenas de 6º de primaria, elaboramos chapas para vender e co recadado colaborar coa Asociación DOWN Ourense. Foi unha actividade moi enriquecedora, non só pola parte solidaria, se non tamén, por facer a venda das chapas dun xeito moi tradicional e que forma parte da nosa cultura popular. Vendemos na feira da vila, pedimos os permisos oportunos e os días de feira, monta
mos o posto cunha comitiva de nenos e nenas que representaban cada unha das aulas do cole.
martes, 21 de outubro de 2025
MAGOSTO NO COLE!
Celebramos o Magosto no cole!
Hoxe gozamos dun día moi especial compartindo risas e ricas castañas asadas. Foi unha xornada chea de alegría na que mantivemos viva unha das tradicións máis fermosas da nosa contorna.
luns, 6 de outubro de 2025
mércores, 1 de outubro de 2025
DESEÑAMOS O LOGO DO COLEXIO
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




