venres, 19 de decembro de 2025

"CANTAMOS OS REIS"

 Recuperamos a tradición de "Cantar os reis". Foi unha experiencia inesquecible e con gran significado para o noso alumnado e familias. As cantigas foron as recollidas no curso pasado coa colaboración das familias. 









xoves, 4 de decembro de 2025

NOVEMBRO MES DA CIENCIA EN GALEGO

En novembro conmemoramos o mes da ciencia en galego!

O alumnado de Infantil preparou unha mostra de experimentos para os nenos e nenas de Primaria
Un momento cheo de curiosidade, aprendizaxes e moita ilusión.
Foi xenial ver como compartían coñecemento e entusiasmo pola ciencia!
Porque lembrade… non é maxia, é ciencia!