mércores, 9 de marzo de 2022

DÍA DE ROSALÍA

O 23 de Febreiro celebramos o día de Rosalía no cole. Traballamos un anaquiño do poema "O Moucho", na súa versión musicada (adaptada por Migallas). Os nosos nenos e nenas interpretaron o poema e fixeron un mural colaborativo moi chulo. Unindo todo, quedou unha composición preciosa.

mércores, 2 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ

Neste curso, comemoramos o día escolar da paz e non violencia elaborando unha "árbore da paz" na que penduran pombas brancas. Ademais, tamén fixemos un mural no que queremos representar a nosa forza para cambiar e mellorar o mundo dende cativos.

mércores, 26 de xaneiro de 2022

CONCURSO "LILI QUERE SABER..."

No pasado mes de decembro demos comezo ao concurso mensual "Lili quere saber...", no que a nosa intrépida mascota da biblioteca escolar, Lili, busca respostas a preguntas relacionadas co PDI do centro "Quiroga na Ribeira Sacra", co fin de coñecer un pouco máis a nosa contorna.

CALENDARIO ESTIÑO

Outro ano máis participamos no calendario solidario Estiño. A temática deste ano trata sobre o tempo atmosférico. Ao noso colexio tocoulle cubrir a casilla do calor, que xuntándoa coas elaboradas por outros centros educativos da provincia acadaron un resultado así de bonito.

venres, 26 de novembro de 2021

25N

Para o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, tamén creamos un mural colaborativo con palabras positivas relativas á igualdade entre xéneros.

25N. Día da eliminación da violencia contra muller.

O CEIP de Quiroga ponse DE FRONTE contra a violencia cara a muller.

martes, 16 de novembro de 2021

MAGOSTO

O pasado mércores celebramos o magosto no colexio. Neste día puidemos observar cómo se asan as castañas, gozamos de diferentes xogos populares e sobre todo...degustamos as deliciosas castañas que nos brindou este outono.