mércores, 7 de maio de 2025

Presentación do libro de Celia Díaz

O luns inauguramos o GALEMÉS dando a cada neno e nena e a todo o persoal do centro unha chapa que pon en valor o uso da lingua galega e que nos vai a acompañar durante todo o mes. Durante os recreos tentaremos promover máis o uso desta lingua e, ademais, o préstamo deste mes dende a biblioteca será de libros en Lingua Galega.

Comezamos a contarvos pois, a primeira visita que tivemos no mes, a da autora Celia Díaz Núñez. 

 Nesta ocasión foi para falarnos da súa novela "A avoa canta como a cotovía", que o alumnado de 5°e 6° xa tiña lido coas súas titoras na aula e tamén aprendido as cantigas co mestre de música. Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa avoa enferma de Alzheimer e como a música, as cantigas tradicionais, lle aledan a vida.

Foi apaixoante a lectura desta obra.
Foi un privilexio contar coa presenza da súa autora na nosa biblioteca.
Foi interesante achegarnos ao coñecemento da enfermidade do alzheimer .
Foi fantástico cantar todos xuntos cantigas tradicionais que forman parte do noso patrimonio cultural.
Si, foi realmente emocionante.
En definitiva, pódese afirmar que: " As nosas rapazas e rapaces cantan como a cotovía".
Moitísimas grazas, Celia.















Ningún comentario:

Publicar un comentario