martes, 30 de xaneiro de 2024

Conmemoramos o día da paz!

Coma todos os anos, cada 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz! 

Este ano con especial fincapé na guerra de Palestina, para a cal elaboramos unhas verbas! 

Ademais, cada neno e cada nena recortou unha pomba, na cal escribiu unha palabra a prol da paz. Finalmente esas pombas, foron chantadas na zona verde ao lado do colexio, onde elaboramos un pequeno acto a favor da paz e non á guerra. 

Cantamos todos xuntos a canción "Apertas que voan" e rematamos o día coa tradicional carreira solidaria, mediante a cal recadamos fondos para a ONG Save the Children! 








venres, 19 de xaneiro de 2024

Achégase o Entroido!

Dende fai uns días andamos preparando o Entroido deste ano! 

Coma sempre, necesitamos a colaboración das familias. Aquí vos deixamos un tríptico informativo sobre a organización do Entroido escolar deste ano. 

O último día da semana desta festividade, é dicir 9 de febreiro, se o tempo o permite desfilaremos pola rúa Real.



luns, 8 de xaneiro de 2024

Muro das verbas de Decembro

 Continuamos un mes máis completando o noso muro das verbas. 

Estas son as aportacións que foron elixidas en cada unha das aulas do mes de decembro! 

Moitas grazas pola boa acollida desta actividade.

 Muro das verbas de decembro

xoves, 21 de decembro de 2023

Recomendacións lectoras Nadal.

 Aquí vos deixamos unha escolla de libros e contos para toda a familia, dende os máis pequenos ata os máis maiores! Disfrutade do Nadal! 




Despedimos o ano por todo o alto!

Para rematar este trismestre, preparamos unha boa festa de Nadal! 

Primeiro practicamos para a noite de fin de ano, a ritmo de badaladas e gusanitos! Qué divertido foi!!! 

Pero cando o alumnado pensaba que a festa rematara, chegou unha sorpresa ...Papá Noel apareceu no colexio, cargadiño de caramelos e de moitas ganas de recoller as cartas que os nenos e nenas tiñan preparadas!!

Un gran día de emocións para despedir este ano! Vémonos á volta das vacacións!! 












venres, 15 de decembro de 2023

Nadal, doce Nadal!!

Chegou o tempo de Nadal!!! 

Os corredores do colexio enchéronse de luces, cores e unha morea de adornos elaborados polo alumnado! 

Ademais, este ano, como é tradición elaboramos unhas postais, para felicitar ditas festas. 

Pero...nesta ocasión quixemos darlles un uso diferente e decidimos que estas postais ían ir destinadas a diversos organismos da zona: o concello de Quiroga, de San Clodio e o de Caurel, o centro de día da Ribeira e as residencias de Quiroga e San Clodio, o IES e a Escola Infantil de Quiroga e os colexios de San Clodio e Caurel. 

Aquí vos amosamos o bonitas que quedaron!!! 









mércores, 13 de decembro de 2023

O Muro das Verbas

 Durante este curso, desenvolveremos no centro a actividade denominada "O MURO DAS VERBAS", que consiste en indagar entre alumnado e familias sobre verbas galegas esquecidas, novidosas ou cun significado especial. Ao longo de cada mes, o alumnado traerá as súas verbas, das cales se fará unha exposición e escolla nos diferentes cursos e serán as colocadas no muro das verbas.

Aquí vos amosamos as primeiras aportacións ao "MURO DAS VERBAS" no mes de novembro. Moitas grazas aos e ás participantes.

Deixade voar a vosa imaxinación, indagade e creade as vosas verbas da maneira máis orixinal. Así, poderemos encher o noso muro e dar a coñecer a lingua galega dende a perspectiva máis persoal de cada quen.


Presentación Muro das Verbas Novembro