Outra das actividades que levamos a cabo neste trimestre foi a degustación de castañas no Magosto e, en concreto esto foi o pasado 8 de novembro. Ramón asounos as castañas para que despois puidésemos comelas todos e todas. Tras esta rica merenda, levamos a cabo diferentes xogos populares como por exemplo: a corda, a carreira de sacos, o pañuelo, a bomba... entre outros moitos xogos dos que puidemos desfrutar. A continuación deixamos unhas fotos deste día tan divertido:
luns, 16 de decembro de 2024
venres, 13 de decembro de 2024
Os conxuros do Samaín
Na publicación anterior falábamos sobre os conxuros que cada clase fixe en relación, tanto ao Samaín como ao PDI Artesans. A continuación deixámosvos uns exemplos dos mesmos.
xoves, 12 de decembro de 2024
Como foi o primeiro trimestre: o Samaín
Coa chegada de decembro, tamén chega o final deste primeiro trimestre e hoxe comezamos a facer unha recompilación do mesmo contándovos algunhas das cousas que estivemos a facer durante estes meses.
En primeiro lugar falaremos da celebración do Samaín onde decoramos a nosa escola cunha chea de caldeiros terroríficos que os nenos e as nenas foron traéndonos. Tamén, cada aula elaborou unha poción máxica empregando palabras relacionadas co PDI do centro: ARTESANS e quedaron espectaculares!!
A continuación deixámosvos uns exemplos dos caldeiros:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)