venres, 28 de febreiro de 2025

E para rematar... máis disfraces!!

 O último día da semana do entroido, cada ciclo puxo o seu traxe e saímos a desfilar polas rúas da nosa vila. Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasamos!!














mércores, 26 de febreiro de 2025

O día de Rosalía

 Para levar a cabo esta conmemoración e honrar este día dende o colexio, levamos a cabo varias actuacións no patio cuberto. Cada aula seleccionou un verso dalgún dos poemas de Rosalía e continuouno, facendo así a nosa pequena creación e aportación. O alumnado de Infantil, elaborou un vídeo facendo unha pequena introdución sobre a autora, e posteriormente cantando o poema de Rosalía "Eu vin estar o moucho" ó que Migallas lle puxo a súa música.

A continuación podedes ver fotos do acto e o vídeo en cuestión! Agardamos que vos guste tanto coma a nos!!!
















Terceiro mandadiño do Meco


 

venres, 7 de febreiro de 2025

Sementes da Paz

Tamén, para a celebración desta conmemoración, levamos a cabo a plantación de sementes, unhas semeentes moi especiais pois, no momento en que medrasen levarían escrita a palabra PAZ.

Unha vez esto aconteceu, levámolas para as nosas casas para seguir o coidado das mesmas dende alí. 











mércores, 5 de febreiro de 2025

Día Escolar da Paz e a Non Violencia 2025

 O pasado 31 de xaneiro levamos a cabo a carreira solidaria a favor de Save the Children. Dividimos a todo o alumnado do centro en diferentes grupos onde, en todos había nenos e nenas de todas as etapas educativas. Os nomes de cada equipo facían  referencia a palabras relacionadas coa paz e a non violencia (respecto, harmonía...). Aínda que o propio día conmemorativo foi o 30 de xaneiro, por mor dos fenómenos atmosféricos desprazouses para o día seguinte.

Foi unha gran experiencia onde desfrutamos e aprendemos un montón todos xuntos e xuntas! Grazas a todos e todas os que viñestes a animarnos!!

Tras a chegada a meta, cantamos a canción Chea de Vida de Gaudi Galego.