Para levar a cabo esta conmemoración e honrar este día dende o colexio, levamos a cabo varias actuacións no patio cuberto. Cada aula seleccionou un verso dalgún dos poemas de Rosalía e continuouno, facendo así a nosa pequena creación e aportación. O alumnado de Infantil, elaborou un vídeo facendo unha pequena introdución sobre a autora, e posteriormente cantando o poema de Rosalía "Eu vin estar o moucho" ó que Migallas lle puxo a súa música.
A continuación podedes ver fotos do acto e o vídeo en cuestión! Agardamos que vos guste tanto coma a nos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario