Hoxe visitounos na biblioteca, Xabier, da Fundación Legar, para elaborar, xunto ao alumnado de quinto e sexto de primaria, diferentes instrumentos elaborados con elementos da natureza. Foi unha interesantísima e creativa actividade. Encadrámola tamén dentro do noso proxecto de centro “Un territorio Arte-san”.
luns, 26 de maio de 2025
venres, 23 de maio de 2025
Xeopícaros
Empezamos a XIX Semana dos Xeoparques Europeos #EGNWeek2025 por todo o grande.
martes, 20 de maio de 2025
Galemés: Concerto de Migallas
Para seguir coa celebración do Galemés, hoxe visitou o noso centro Migallas, onde fixo a actuación de Brincadeiras da lingua
A continuación deixámosvos unha serie de imaxes do mesmo así como o vídeo dunha das cancións que todos e todas cantamos.
sábado, 17 de maio de 2025
Galemés: Acto das Letras Galegas
Para celebrar o día das Letras Galegas, o 16 de maio, e sendo outro acto do Galemés, levamos a cabo unha serie de actuacións de diferentes cancións populares na honrra das homenaxeadas polas Letras, así como falando un pouco sobre elas. Cada curso elexiu unha canción popular e representouna diante de todos. Finalmente, todo o centro cantamos "O galo canta" para pechar o acto.
venres, 16 de maio de 2025
Galemés: Teatro "Catro Monos"
Para continuar coa celebración deste, o noso mes, dende o Concello convidáronnos a desfrutar desta actuación de Tropa de Trapo onde nos contaba a historia de 4 monos para, a través destas falar de como nos relacionamos entre nós e co medio, para soñar con outro mundo posible.
xoves, 15 de maio de 2025
Galemés: Obradoiros de Outonía
Para seguir coa celebración do Galemés, visitáronnos dende Outonía e durante os días 12, 13 e 14 de maio o alumnado levou a cabo diferentes actividades sobre as Letras Galegas (coñecendo máis sobre as homenaxeadas, sobre instrumentos tradicionais Galegos...)
Unha gran experiencia da que aprendemos moito!!
mércores, 14 de maio de 2025
Continuamos co noso Muro das Verbas
A continuación amosámosvos novas incorporacións ó noso Muro! Seguimos agardando por máis creacións. Grazas pola vosa participación!!
mércores, 7 de maio de 2025
Presentación do libro de Celia Díaz
O luns inauguramos o GALEMÉS dando a cada neno e nena e a todo o persoal do centro unha chapa que pon en valor o uso da lingua galega e que nos vai a acompañar durante todo o mes. Durante os recreos tentaremos promover máis o uso desta lingua e, ademais, o préstamo deste mes dende a biblioteca será de libros en Lingua Galega.
Comezamos a contarvos pois, a primeira visita que tivemos no mes, a da autora Celia Díaz Núñez.
Nesta ocasión foi para falarnos da súa novela "A avoa canta como a cotovía", que o alumnado de 5°e 6° xa tiña lido coas súas titoras na aula e tamén aprendido as cantigas co mestre de música. Unha historia que enganchou ao alumnado e que ten como protagonistas a un neno e a súa avoa enferma de Alzheimer e como a música, as cantigas tradicionais, lle aledan a vida.
martes, 6 de maio de 2025
venres, 2 de maio de 2025
GALEMÉS




