Dentro de pouco estaremos festexando as nosas letras, as LETRAS GALEGAS, para ir preparándonos e aprendendo cousas sobre o autor homenaxeado deixo información e actividades propostas polo Seminario Galán e a Primavera das Letras. Pinchando nas imaxes pódese entrar.
domingo, 31 de marzo de 2019
domingo, 24 de marzo de 2019
DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA
O 21 de marzo, con motivo do Dia da Poesía, no colexio traballamos con diferentes poesías, en infantil aproveitamos a entrada da primavera e eleximos unha poesía titulada "Tres bolboretas", de Xosé Neira Vilas, en en primaria inventaron unhas fermosas poesías. Aquí podedes velas.
martes, 5 de marzo de 2019
VENRES DE ENTROIDO
O venres 1 de marzo celebramos o Entroido, e como non podía ser menos, relacionamos os nosos disfraces co PDI que estamos traballando este curso, e este foi o resultado. Esperamos que vos gustase.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)