Pasado o Samaín, podedes velas terroríficas creacións do noso alumnado.
luns, 9 de novembro de 2020
mércores, 28 de outubro de 2020
Almanaque Refraneiro
venres, 9 de outubro de 2020
venres, 19 de xuño de 2020
REVISTA ESCOLAR: "O VAL"
Aquí vos deixamos o número 67 da nosa revista, esperamos que vos guste. Premendo na imaxe podedes vela.
CONCURSO: "LILI QUERE SABER..."
Este curso o concurso durou menos do previsto, fixemos o reconto ata o mes de febreiro, porque en marzo xa non deu tempo. por mor do peche do colexio polo estado de alarma.
Os gañadores e gañadoras foron: Iván Franco Ferrín e Paula Ramos López de 3º de primaria e Diana Ocampo Macía, Paula Losada Couso e Xana Rodríguez González de 4º de primaria, NORABOA!!! en setembro agárdavos un diploma. E tamén teremos un detalliño para todo o alumnado que participou.
Que pasedes un bo verán.
xoves, 14 de maio de 2020
SÍNTOME FELIZ E LIBRE CANDO ESTOU...
Como outras conmemoracións, as Letras Galegas tocounos celebrala dende a casa, para iso, propuxemos unha actividade sobre Ricardo Carvalho Calero.
Premendo na imaxe podedes ver o libro.
Moitas grazas por participar na actividade.
martes, 12 de maio de 2020
FOLLETO LETRAS GALEGAS
A poucos días de celebrar as Letras Galegas deixámosvos un FOLLETO INFORMATIVO
(premendo podedes ver o PDF) sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Nel podedes ler a súa biografía en forma de rap e imaxes dalgunhas das súas obras.
sábado, 9 de maio de 2020
SOLUCIÓNS A ACTIVIDADE SOBRE ANIMAIS DO XEOPARQUE EN LINGUA DE SIGNOS
O día 4 de maio, lanzamos nas redes sociais e na web do colexio o reto de adiviñar os nomes dos principais animais do Xeoparque Montañas do Courel en lingua de signos a traves dunha foto dos mestres e mestras do colexio signando estes nomes. Hoxe achegamos a solución premendo na foto.
luns, 4 de maio de 2020
ADIVIÑA QUEN SON...
Este curso estamos introducindo a lingua de signos a través de varias actividades: formación, contacontos, obradoiros de sensibilización, cancións...
Hoxe as mestras e mestres queremos ofrecervos unha actividade diferente: un mural cos animais do territorio Xeoparque en lingua de signos!
Sodes capaces de adiviñalos todos?
Nuns días publicaremos as solucións.
martes, 28 de abril de 2020
ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 2020
Dende o noso colexio queremos propoñervos esta actividade para o Día das Letras Galegas. É unha actividade sacada da web Primavera das Letras, e que pensamos que é moi apropiada para axudarnos a levar un pouco mellor estos días, posto que nos temos que imaxinar nalquel lugar no que nos encantaría estar e redactalo ou debuxalo.
Se non dispoñedes de impresora podedes facelo en folio, e enviarllo ao mail das vosas titoras escaneado ou por fotografía. O prazo é ata o 8 de maio.
Pinchando na imaxe podedes descargar o documento para PRIMARIA:
Pinchando na imaxe podedes descargar o documento para INFANTIL:
domingo, 26 de abril de 2020
WEBS DE INTERESE: LETRAS GALEGAS 2020
Xa falta moi pouquiño para o 17 de maio, o noso gran día, e aínda que non sabemos moi ben como quedará a cousa, debido á situación que estamos a pasar, dende o noso colexio queremos deixarvos varios enlaces de páxinas web nas que podedes atopar información e actividades sobre o autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero.
Esperamos que vos sexan de utilidade. Pinchando nas imaxes accededes a web.
SEMINARIO GALÁN: nesta web atoparedes datos sobre a súa biografía e pdf con actividades para cada nivel educativo que podedes imprimir, así como actividades en liña e fotografías do autor.
PRIMAVERA DAS LETRAS: ao igual que na web anterior, aquí dispoñedes de unidades didácticas para imprimir, para facer en liña e tamén interactivas. Así como información sobre a súa vida e obra.
A FIESTRA DA MESTRA: neste blog atoparedes un XOGO DE PISTAS sobre Carvalho Calero, é para o alumnado a partir de 6º de primaria. Animádesvos!!!!
xoves, 23 de abril de 2020
DÍA DO LIBRO
Este curso toca conmemorar o Día do Libro dende os nosos fogares. Son días difíciles pero grazas á literatura podemos viaxar, soñar e imaxinar. Porque os libros son, en definitiva, unha ventá ó mundo.
Neste vídeo recompilamos as fotografías do alumnado e o profesorado co noso libro favorito. O que máis nos axudou a evadirnos, co que máis desfrutamos, co que máis aprendimos ou... O que nos gustaría compartir!
Son tempos de compartir virtualmente e á espera de volvernos xuntar para ler e contar aquí vos deixamos as nosas recomendacións literarias. Moito ánimo a todos e non deixedes de ler!
luns, 6 de abril de 2020
#EUQUEDONACASA: PÁXINAS DE INTERESE
Hoxe deixámosvos 2 enlaces a 2 páxinas con propostas en galego. Esperamos que as disfrutedes e que vos axuden a pasar mellor estos días de confinamento.
10 PROPOSTAS EN GALEGO PARA LER DE BALDE (de Baía Edicións): podedes atopar unha selección de contos clasificados por idades ( de 4 ata máis 12 anos), dende "Nube branca quere ser astronauta" ata "Liliput", en pdf para descargar. Pinchando na imaxe accededes á páxina.
AULAS GALEGAS: neste enlace podedes atopar moitísimos recursos e propostas de actividades. Esperamos que vos sexa de utilidade.
venres, 3 de abril de 2020
xoves, 26 de marzo de 2020
XOGOS DO XEOPARQUE
Para que estos días se fagan máis levadeiros, a mestra de 4º de primaria, Belén, elaborou unha serie de xogos sobre o Xeoparque.
Pinchando na imaxe podedes acceder a eles.
Pinchando na imaxe podedes acceder a eles.
martes, 24 de marzo de 2020
#EUQUEDONACASA
Nestas semanas de corentena e traballo na casa, deixámosvos aquí un enlace a unha páxina web na que podedes atopar moitos recursos en galego, dende vídeos musicais ata diferentes exercicios de lingua, contacontos,...
Esperamos que vos axuden a facer estos días máis levadeiros.
Pinchando na imaxe podedes acceder á web:
Esperamos que vos axuden a facer estos días máis levadeiros.
Pinchando na imaxe podedes acceder á web:
martes, 17 de marzo de 2020
O CEIP DE QUIROGA NA PRENSA
Ao longo da semana da prensa fixemos varias actividades, unha
delas foi facer unha selección de novas nas que sae o noso colexio ao longo dos
anos para ir colocando nun mural.
Pinchando na imaxe podedes ver
algunhas delas.
Outra
actividade que se levou a cabo ao longo desta semana pola mestra de PT, Sara,
foi unha serie de talleres para traballar a inclusión a través das novas.
venres, 13 de marzo de 2020
AS NOSAS MASCOTAS DE VISITA POLO XEOPARQUE
Onte pola mañá as tres aulas de infantil recibiron unha carta cunha
invitación por parte das súas mascotas para asistir á aula común a ver
un albume de fotos que foron facendo Urso, Marosa e Vieiros dos seus
lugares preferidos do Xeoparque.
Aprendemos moitas cousas e gustounos moito.
Aprendemos moitas cousas e gustounos moito.
Se queredes ver a presentación podedes premer na seguinte imaxe. Agardamos que vos guste!
luns, 9 de marzo de 2020
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Este curso para conmemorar o Día Internacional da Muller decidimos facer esta actividade: "A muller da miña vida é...". Mirade que bonita quedou.
xoves, 27 de febreiro de 2020
DÍA DE ROSALÍA: PARECE UNHA ROSA
Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro no noso colexio decidimos interpretar e gravar o poema "Parece unha rosa". Este é o resultado, esperamos que vos guste.
Esta gravación fíxose ao longo da semana de entroido, por iso sae o alumnado disfrazado.
Esta gravación fíxose ao longo da semana de entroido, por iso sae o alumnado disfrazado.
ENTROIDO 2020
Este
curso o tema dos nosos disfraces de Entroido foi o proxecto documental
integrado "Xeoparque Montañas do Courel, un xeoparque moi humano"
Podedes ver as fotos do desfile pola Rúa Real de Quiroga dos osos pardos e ás abellas do Xeoparque Montañas do Courel premendo na imaxe.
mércores, 19 de febreiro de 2020
CONSIGNA PARA XOVES
Xa estamos rematando a semana de Entroido e maña o Meco mándanos vir en pixama e con todo o dos outros días.
martes, 18 de febreiro de 2020
luns, 17 de febreiro de 2020
venres, 14 de febreiro de 2020
mércores, 12 de febreiro de 2020
CONTAMOS CONTIÑOS: CORRE CORRE CABACIÑA.
As nenas e nenos de 4º de primaria prepararon o conto de "Corre corre cabaciña" para contar ao alumnado de infantil. Fixérono moi ben!!
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA. VOLUNTARIADO
Alumnos de 5º e 6º que participan no programa de voluntariado contaron contos ao alumnado de educación infantil na biblioteca.
Premer na imaxe para ver as fotos
Premer na imaxe para ver as fotos
venres, 7 de febreiro de 2020
SOMOS IGUAIS. CONTOS POLA IGUALDADE. RAQUEL QUEIZÁS.
O mércores 5 de febreiro tivemos a visita da contacontos Raquel Queizás, que coa presentación do espectáculo “Somos iguais. Contos pola Igualdade” fixo a delicia dos nosos nenos e nenas. Esta actuación foi financiada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia con fondos do Pacto de estado contra a violencia de xénero. Argumento:
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos:
Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de PRINCESAS ROSAS e apoucadas e de PRÍNCIPES AZUIS e insensibles e un día dixo BASTA XA!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos SOMOS IGUAIS. Sí, igual de valentes e igual de sensibles.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos:
mércores, 29 de xaneiro de 2020
ESCORNABOT: CROCODILO
O alumnado de Infantil despois de traballar o conto de Crocodilo da editorial Kalandraka, elaboramos un taboleiro para xogar co escornabot.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)