mércores, 29 de xaneiro de 2020
ESCORNABOT: CROCODILO
O alumnado de Infantil despois de traballar o conto de Crocodilo da editorial Kalandraka, elaboramos un taboleiro para xogar co escornabot.
CONTOS DE LAREIRA
Xa temos o noso libro cos contos de lareira que fomos traendo para a semana de Samaín, está na biblioteca, podedes collelo e ler as terroríficas historias da nosa zona.
mércores, 22 de xaneiro de 2020
CONTACONTOS IGUALDADE: U-LA LÚA
O luns, día 20 de xaneiro estivo no nosa
biblioteca a contacontos Celtia Figueiras da compañía de títeres A
Xanela de Maxín. Contou a todo o alumnado o conto “U-la Lúa” do que é
autora. Foi unha actividade coa temática de Igualdade e subvencionada
pola Xunta de Galicia a través de fondos do Pacto de Estado contra a
violencia de xénero. Foi unha actividade marabillosa, a contacontos
estivo xenial e os nosos nenos e nenas encantados. Traballando a
educación en valores dunha manera lúdica e divertida.
luns, 13 de xaneiro de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)