venres, 26 de novembro de 2021

25N

Para o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller, tamén creamos un mural colaborativo con palabras positivas relativas á igualdade entre xéneros.

25N. Día da eliminación da violencia contra muller.

O CEIP de Quiroga ponse DE FRONTE contra a violencia cara a muller.

martes, 16 de novembro de 2021

MAGOSTO

O pasado mércores celebramos o magosto no colexio. Neste día puidemos observar cómo se asan as castañas, gozamos de diferentes xogos populares e sobre todo...degustamos as deliciosas castañas que nos brindou este outono.

mércores, 3 de novembro de 2021

xoves, 21 de outubro de 2021

SAMAÍN

Un ano máis, comemoramos a tradición de Samaín creando as nosas cabazas terroríficas, que estarán expostas no colexio a vindeira semana. Aquí vos deixamos unha nota informativa:

martes, 8 de xuño de 2021

Gañadores do concurso: Lili quere saber

 Unha vez rematado o concurso e recontadas as puntuación xa podemos anunciar os gañadores. Deste xeito estabelecimos dúas categorías. Os premiados recibiron a súa correspodente medalla personalizada grazas a colaboración da profe Uxía.


1º a 3º de Educación Primaria



1º Anxo Arza Núñez 28 puntos.

2º Samuel Pol Vázquez 16 puntos.

3º Diana Alonso Rodríguez 14 puntos.


4º a 6º de Educación Primaria




1º Martín Pérez Rodríguez 28 puntos.

2ª Katia López Macía 26 puntos.

3º Xana Rodríguez González 22 puntos.



martes, 25 de maio de 2021

TRABALLANDO CON XELA ARIAS POLAS LETRAS GALEGAS

 De seguido poderedes desfrutar dos traballos realizados nos distintos níveis co gallo da homenaxe a Xela Arias polo día das letras galegas.


SEXTO 




PRIMEIRO E SEGUNDO



















martes, 9 de marzo de 2021

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Para conmemorar o Día de Rosalía de Castro confeccionamos un lapbook entre todo o alumnado de primaria. Ademais, o alumnado de primeiro e segundo creou un mural coloreando retratos de Rosalía con estilo pop art. Deixámosvos aquí imaxes dos dous proxectos. Agardamos que vos gusten!