Xa temos o noso libro cos contos de lareira que fomos traendo para a semana de Samaín, está na biblioteca, podedes collelo e ler as terroríficas historias da nosa zona.
mércores, 29 de xaneiro de 2020
mércores, 22 de xaneiro de 2020
CONTACONTOS IGUALDADE: U-LA LÚA
O luns, día 20 de xaneiro estivo no nosa
biblioteca a contacontos Celtia Figueiras da compañía de títeres A
Xanela de Maxín. Contou a todo o alumnado o conto “U-la Lúa” do que é
autora. Foi unha actividade coa temática de Igualdade e subvencionada
pola Xunta de Galicia a través de fondos do Pacto de Estado contra a
violencia de xénero. Foi unha actividade marabillosa, a contacontos
estivo xenial e os nosos nenos e nenas encantados. Traballando a
educación en valores dunha manera lúdica e divertida.
luns, 13 de xaneiro de 2020
venres, 20 de decembro de 2019
xoves, 19 de decembro de 2019
CHEGOU O NADAL O CEIP de QUIROGA
Ao longo destas semanas, coa proximidade do Nadal, fomos adornando o colexios con diferentes motivos navideños.
Adornamos a entrada cun letreiro e con bolas feitas en cada titoría, fixemos postais que fomos colocando polos corredores e outros adornos. Así de bonito deixamos o noso cole.
Adornamos a entrada cun letreiro e con bolas feitas en cada titoría, fixemos postais que fomos colocando polos corredores e outros adornos. Así de bonito deixamos o noso cole.
domingo, 15 de decembro de 2019
VÍDEO SOBRE O XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. CAPÍTULO II.
O alumnado de terceiro de primaria xunto coa súa mestra , María José, preséntannos este vídeo.
Esperamos que vos guste e aprendades máis cousas sobre o noso Xeoparque.
Esperamos que vos guste e aprendades máis cousas sobre o noso Xeoparque.
luns, 9 de decembro de 2019
AS NENAS SÓ FALAN DE UNICORNIOS
Como
colofón as actividades de igualdade e prevención da violencia de xénero
que organizou a ANPA do colexio durante este primeiro trimestre, os
alumnos e alumnas de teatro representaron a obra “As nenas só falan de
unicornios”” escrita e dirigida por Eva F. Ferreira. Un aplauso moi
grande para eles/as polo ben que interpretaron!
Pinchando na imaxe podedes acceder á galería.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















