xoves, 12 de decembro de 2024

Como foi o primeiro trimestre: o Samaín

 Coa chegada de decembro, tamén chega o final deste primeiro trimestre e hoxe comezamos a facer unha recompilación do mesmo contándovos algunhas das cousas que estivemos a facer durante estes meses.

En primeiro lugar falaremos da celebración do Samaín onde decoramos a nosa escola cunha chea de caldeiros terroríficos que os nenos e as nenas foron traéndonos. Tamén, cada aula elaborou unha poción máxica empregando palabras relacionadas co PDI do centro: ARTESANS e quedaron espectaculares!!

 A continuación deixámosvos uns exemplos dos caldeiros:








martes, 24 de setembro de 2024

OBRADOIRO DE IMPROVISACIÓN ORAL EN VERSO (REGUEIFAS)

 Esta mañá os alumnos e alumnas de quinto e sexto dos colexios de Quiroga e San Clodio desplazáronse á Casa da Cultura para participar nun obradoiro de regueifas organizado polo servizo de normalización lingüística do concello. Foi unha interesantísima actividade que espertou a curiosidade e a creatividade dos nenos e nenas, que estiveron moi participativos e motivados na elaboración de regueifas, dirixidos polo regueifeiro Pinto D’ Herbón. Grazas por contar co colexio para esta interesante actividade.







xoves, 20 de xuño de 2024

Muro das verbas Abril e Maio

Chegamos ao remate deste curso e con el, terminamos tamén o muro das verbas. 

Foi un longo percorrido pola lingua galega, a través de verbas esquecidas, verbas especiais para nós e algunhas verbas descoñecidas. 

Temos que agradecer a implicación do alumnado e das familias por indagar todos os meses sobre a verba a elaborar, para logo plasmala da forma máis creativa posible. 

Aquí adxuntamos as verbas escollidas nos meses de Abril e Maio. 

Seguiremos investigando e aprendendo a través da nosa lingua o vindeiro curso!!!


Muro das verbas Abril e Maio

xoves, 16 de maio de 2024

Letras Galegas

Hoxe conmemoramos o Día das Letras Galegas cun sinxelo acto no patio cuberto. 

Para comezar o alumnado de sexto de primaria interpretou o Rap das Letras Galegas.

A continuación, o alumnado de infantil leu a biografía de Luisa Villalba, a autora homenaxeada este ano.

Seguiron os distintos cursos de educación primaria lendo fragmentos da súa obra en prosa e o alumnado de quinto recitou un poema da autora.

Para finalizar, todos e todas cantamos o himno galego.














mércores, 15 de maio de 2024

Actuación de Pakolas

O pasado 13 de maio, todo o alumnado do colexio desprazouse ao Auditorio para ver a actuación de Pakolas. Esta actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do colexio e contou coa colaboración do concello de Quiroga. Pakolas autodefínese como autor e compositor, músico guitarreiro, e tamén produtor de música pensada para os mais cativos. Os nenos e as nenas desfrutaron moito desta actuación que foi moi divertida e participativa.







xoves, 18 de abril de 2024

Muro das verbas - Marzo

 O noso muro das verbas está cheo de palabras bonitas!!!

Aquí podedes ver as elixidas no mes de marzo. 


Muro das verbas marzo